Nada de opinión
Latest Episodes
Episodio 6: Aumentan día a día os metais pesados na praia do lago/balsa mineira das Pontes (que ten Bandeira Azul)
Dez anos despois de inaugurarse medrou a cantidade de aluminio, ferro, manganeso, estaño, zinc, arsénico, cromo, níquel, vanadio ou uranio, ao tempo que Endesa lava as mans.
Episodio 5: Crianzas e tecnoloxía. A última fronteira
A tecnoloxía abre oportunidades pero tamén xera riscos, sobre todo nas persoas máis novas. Explicámoscho e xunta as expertas debullamos como actuar para xestionalo mellor na casa.
Episodio 4: O país, líder mundial en consumo de tranquilizantes no medio dunha epidemia de saúde mental
Unha de cada catro persoas no país padece estes trastornos, e se imos á peor das consecuencias, o suicidio, vémolo en taxas moito máis alta que nos territorios da contorna.
Episodio 3: O modelo de reciclaxe da Xunta: datos falsos e lixo queimado
A taxa de reciclaxe do país colócanos nas últimas posicións entre os territorios do Estado español, que xa se atopa lonxe de por si de cumprir cos obxectivos fixados na normativa vixente.
Episodio 2: Anda con ollo! Os límites da liberdade de expresión
Poderíase dicir que en tódolos países hai liberdade de expresión, porén, en tódolos países hai límites a esta liberdade...
Episodio 1: O Estado español discrimina as persoas con discapacidade e multiplica os beneficios de Citroën ou a ONCE
Até unha décima parte dos traballadores da factoría de Vigo teñen lesións previas, o que non evita que fagan o mesmo traballo, iso si, cobrando menos...