Nada de opinión

Nada de opinión


Episodio 5: Crianzas e tecnoloxía. A última fronteira

July 21, 2022

Smartphones, tablets ou reloxos intelixentes; a tecnoloxía consolidouse durante a Covid como unha parte fundamental das nosas vidas, sexa para traballar, estudar ou pasar o noso tempo de ocio.



Todas e todos somos conscientes de que, como todos os tipos de abuso, os dispositivos dixitais tamén implican riscos, que debemos coñecer para facer un uso destes aparellos minimizando as consecuencias negativas.


Porén, nas crianzas é outro cantar, os estudos científicos desvelan os efectos dunha exposición excesiva ás pantallas, desde falta de atención a agresividade, pasando por déficits lingüísticos ou de aprendizaxe, así como problemas na vista.


Abordamos como xestionar esta situación no fogar para protexer as nosas fillas e fillos con Conxita López, vogal da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza, e mais co psicólogo José Cardama, do Gabinete de Psicoloxía Arca.