Nada de opinión

Nada de opinión


Episodio 1: O Estado español discrimina as persoas con discapacidade e multiplica os beneficios de Citroën ou a ONCE

June 23, 2022

Grazas á loita dos traballadores de Ilunión -unha empresa da ONCE- aflorou a discriminación legal contra as persoas con discapacidade no Estado español, avalada na última reforma laboral.


Esa discriminación salarial e no resto de condicións laborais ten beneficiarios: ademais de empresas como Ilunión, a través dos centros especiais de emprego, tamén gañan as que externalizan a produción, como Citroën, que se aproveitan das condicións axustadas ofertadas por empresas multiservizos a costa dos dereitos das traballadoras e traballadores.


Ademais de sacrificar unhas condicións dignas, a falta de adaptación dos postos de traballo na factoría provoca novas lesións ou agravan as que xa tiñan as persoas con discapacidade contratadas.


Buscamos os motivos que levaron a legalizar esta discriminación contra este colectivo e falamos co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga, para descubrir que hai detrás desta situación.