Nada de opinión

Nada de opinión


Episodio 3: O modelo de reciclaxe da Xunta: datos falsos e lixo queimado

July 07, 2022

A taxa de reciclaxe do país colócanos nas últimas posicións entre os territorios do Estado español, que xa se atopa lonxe de por si de cumprir cos obxectivos fixados na normativa vixente.



Abordamos como se tratan os residuos urbanos no país, onde estamos exactamente e onde teríamos que estar, e cales son os motivos que lastran un dos sectores chave para achegarnos a tan repetida economía circular.


Ademais, buscamos xunta Cristóbal López (Ecoloxistas en Acción) e María Lafuente (Adega) alternativas á situación actual e explicacións que poidan xustificar o modelo Sogama, que incinera moito (a metade do lixo da Galiza), verte bastante (arredor dun 30% do que trata) e recicla pouco (apenas supera o 10%).


Namentres, nos últimos anos, Sogama e a Xunta ofrecen cifras contraditoras con diferenzas de miles de toneladas de lixo, unha práctica que permite albiscar como son as portas xiratorias e os contratos a empresas amigas os motores dun negocio que está lonxe de ter a reciclaxe ou as boas prácticas entre as súas prioridades.