Nada de opinión

Nada de opinión


Episodio 4: O país, líder mundial en consumo de tranquilizantes no medio dunha epidemia de saúde mental

July 14, 2022

As cifras sobre os trastornos de saúde mental na Galiza describen un dos principais problemas de saúde pública neste intre. Unha de cada catro persoas no país padéceos, e se imos á peor das consecuencias, o suicidio, vémolo en taxas moito máis alta que nos territorios da contorna.


Neste capítulo, tamén inquirimos sobre a resposta da Administración a esta situación límite, e puidemos confirmar como está a facer aínda máis difícil a situación deste colectivo pola falta de recursos na sanidade pública.


Precisamente este é un dos factores determinantes para alcanzar as estatísticas actuais sobre o consumo destas substancias.


Falamos coa médica psiquiatra do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Iria Veiga, e co psicólogo clínico e membro da xunta reitora do Movemento galego de saúde mental, José Berdullas, para descubrir cal é o estado real desta problemática no país.