Nada de opinión

Episodio 2: Anda con ollo! Os límites da liberdade de expresión
Poderíase dicir que en tódolos países hai liberdade de expresión, porén, en tódolos países hai limites a esta liberdade, desde Nada de opinión procuramos debullar cal é a situación no país.
Amais de abordar como o Estado limita este dereito, profundamos na propiedade dos medios de comunicación e buscamos os vínculos que expliquen os porqués dunha ou outra posición, incluído como percibimos colectivamente eses medios.
Tamén analizamos o impacto do conflito en Ucraína e o seu impacto sobre a liberdade de expresión e opinión, así como as vías polas que as empresas xornalísticas con maior difusión desenvolven unha posición común e illan os argumentos que saen dese marco.
Ao tempo falamos con Elvira Souto, de Esculca, o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, para coñecer da man das persoas expertas non só como se produce este retroceso de liberdades, senón como podemos actuar se nos vemos implicadas nun caso de censura ou persecución.