Té con Gotas
65. Cooperativas de vivenda en cesión de uso: unha alternativa para un fogar asequible?
No podcast desta semana analizamos a experiencia das cooperativas de vivenda en cesión de uso, un modelo de vivenda social que leva décadas poñéndose en práctica en países como Dinamarca e que no Estado español comeza a dar os seus primeiros pasos en Barcelona. Para comprender esta experiencia e entender algo mellor o mercado da vivenda no Estado falamos con José Téllez, un dos portavoces da cooperativa de vivenda catalana Sostre Civic, con Andrei Quintiá, investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) especializado na área das políticas públicas de vivenda, e con Xosé Manoel Marcote, xestor de Galca Solucións Habitacionais, unha xestora galega de cooperativas de vivenda.