Té con Gotas
54. A ruptura do independentismo escocés
Falamos do conflito que enfronta aos dous grandes líderes do independentismo escocés no século XXI: Alex Salmond e Nicola Sturgeon. Unha serie de denuncias de abusos sexuais contra o antigo líder do SNP levaron a un conflito de difícil solución entre estes dous vellos aliados.
A pouco máis dun mes das eleccións escocesas, Alex Salmond anuncia a aparición dun novo partido independentista: ALBA. Sobre isto conversamos con Xabier Villares, galego residente en Edimburgo e afiliado ao Scottish National Party de Nicola Sturgeon.