Té con Gotas
51. Catro nacións, catro seleccións
Cando este verán se xogue a Eurocopa de fútbol, Marcus Rashford vestirá a camisola da selección de Inglaterra mentres que Gareth Bale competirá coas cores de Gales. Os dous son cidadáns británicos, pero xogan con seleccións nacionais diferentes. No podcast desta semana falaremos de por que en moitas competicións internacionais o Reino Unido non participa como tal e cede o protagonismo ás 4 nacións constituíntes. Ademais, entrevistaremos a Alexandre Sanmartín Costa, adestrador da selección galega de fútbol gaélico, a única disciplina deportiva en que Galiza competiu con equipa propia nun torneo internacional.